Informar e falar sobre a incapacidade obriga a xornalistas e tamén ó resto dos cidadáns a esforzarse á hora de tratar este asunto e as súas xentes implicadas. Asociacións como Cogami e DOA, entre outras, elaboraron manuais de boas maneiras de comunicación co gallo de non estigmatizar nin etiquetar, co obxectivo de que verbas como minusválido, enfermo mental ou esquizofrénico queden borradas.
Desde Agareso, ofrecemos unha xanela a unha nova forma de expresión.
Á HORA DE TRATA-LA DISCAPACIDADE
1. Como referirse ós cidadáns que teñen unha discapacidade?
SI. Hai que sinalar: persoas/nenos/adultos con discapacidade
NON. suxeitos que sofren, padecen, están afectados por… minusválidos, impedidos, disminuídos, paralíticos, subnormais, deficientes, mongólicos, inútiles, retrasados,
Á HORA DE TRATA-LA ENFERMIDADE MENTAL
1. Como referirse a unha persoa diagnosticada cun trastorno mental?
SI. Pódese indicar que é unha persoa cunha doenza mental ou persoa con problemas de saúde mental.
NON. Enfermo mental, trastornado, perturbado, psicópata, tolo
2. Como referirse a unha persoa diagnosticada cun trastorno mental específico?
SI. Persoa con esquizofrenia/depresión ou persoa que ten esquizofrenia.
NON. esquizofrénic@, depresiv@, maníac@, anoréxic@, psicótic@.
3. Como referirse á saúde mental?
SI. Saúde Mental, Enfermidade ou doenza de saúde
mental, Problemas de saúde mental.
NON. enfermidades mentais ou enfermidades psiquiátricas.
4. Como referirse ós centros de atención?
SI. Centro de saúde mental, centro de día, centro de rehabilitación
NO. manicomio, psiquiátrico
5. Como referirse ós ingresos psiquiátricos?
SI. Ingreso hospitalario en… (nome do centro ou hospital)
NON. reclusión, internamiento, encerro
6.Tratamento nas novas.
SI. Menciona-los problemas de saúde mental na nova cando só sexa necesario para entender correctamente o feito.
NON. Menciona-lo problema de saúde mental se non é relevante para a correcta comprensión do feito noticioso.
7.Tratamento fotográfico.
NON. Empregar imaxes que transmitan aillamento social, improductividade ou que esperten compaixón ou rexeitamento.
8. Vida social
SI. Empregar adxectivos como caótico, irracional, extravagante, apaixoado, espectacular, triste, melancólico
NON. Usar términos de ámbito médico noutro contexto como esquizofrénico, paranoico, depresivo, anoréxico.
9. Rectificar
SI. Rectificar sen demora e ó mesmo nível as informacións que perxudicaran os dereitos das persoas ou asociacións do ámbito da saúde mental ou a súa imaxe pública.
NON. Infravalora-las reclamacións dos dereitos dos afectados.
(Para máis información, consultar La Guía de Estilo de la Confederación Española de Agrupaciones de Familiares y Enfermos Mentales. Guia%20de%20estilo.pdf



