Arquivo da categoría: Convocatorias

Curso de animación en 3D

A Fundación Averho vén de abri-lo prazo de inscripción para un curso de formación  en animación 3D (tres dimensións). Con matrícula gratuita, a Fundación ofrece 20 prazos para este curso que dará comezo o día 22 de febreiro. Dende esta institución, explican que “desenvolvemos un plan de formación de alta especialización de tres anos que se impartirá nas instalacións do Imserso en Bergondo”.

O curso, de tres anos de duración, vai dirixido a persoas novas con discapacidade por mobilidade restrinxida. No primeiro curso, realizarase unha introdución xeral ó mundo audiovisual. No segundo, traballarase a produción en animación 3D. No último, cada un dos alumnos especializarase nun eido.

Segundo a Fundación, este curso de animación en 3D trátase “dunha experiencia pioneira” cuxo fin é “facilita-lo emprego de calidade para persoas con mobilidade reducida” de maneira que “estas persoas se sintan útiles no desevolvemento pleno dos seus dereitos”.

O obxectivo é que unha vez estea finalizada a formación, os alumnos poidan ser debuxantes, deseñadores de personaxes, animadores, iluminadores, guionistas ou directores de obras de animación en tres dimensións.

Para inscibirse, poden facer click aquí