Que é Agareso?

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que están comprometidos coa produción, realización e difusión de proxectos de cooperación e solidariedade, con especial dedicación ó desenvolvemento de accións sociais que estean promovidas dende Galicia, tratando de xerar unha muda cara a unha sociedade máis inclusiva e xusta.

Creada no mes de maio de 2008 coa apertura da primeira corresponsalía, en Pontevedra, AGARESO é unha asociación totalmente apolítica e laica, como único vencello entre os seus integrantes, o traballo a prol da solidariedade e da cooperación cos colectivos máis desfavorecidos, intentando promover, concienciar e sensibilizar á sociedade dunha realidade próxima e frecuentemente silenciada nos grandes medios de comunicación.

Para isto, AGARESO non pretende xerar accións ailladas, senón dar continuidade a todos e cada un dos seus proxectos.

ESTRUCTURA ORGANIZATIVA:

PRESIDENTE: Juan De Sola Vollbrecht

VICEPRESIDENTA: Natália Puga.

SECRETARIO: Alejandro Espiño

TESOREIRO: Roberto Baquero

VOCEIROS: Roi Palmás Cora, Teresa Del Río Rodríguez, Estrella López Martínez, Carlos Fariña, Pelu Vidal, María Blanco

CORRESPONSALÍAS

PONTEVEDRA: Montse Fernández Geijo

COMPOSTELA:Ana Ramos Porto

VIGO:Eva Alonso

O SALNÉS:Roi Palmás

OURENSE:Ruth Sousa

LUGO:Óscar Vázquez

MADRID:Alberto Quián

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s