O camiño dos sentidos, de Roncesvalles a Compostela

Non oíu o son do ar no Camiño, nin as voces nin os ruídos o guiaron na súa misión vital pola ruta. Tampouco puido ve-las paisaxes da vía xacobea dende Roncesvalles a Santiago; pero foi quen de senti-lo cansanzo e a emoción, foi capaz de chegar pedaleando á meta, tras percorrer centos de quilómetros malia a súa cegueira e a súa xordeira. Ós seus 31 anos de idade, Gerardo Fernández coñeceu tramo a tramo e durante dúas semanas a herdada conexión que dende o Medievo puxo a Galiza en Europa.

 

Gerardo saúda á cámara na bici con Javier Pitillas no Camiño de Santiago. Foto: Beloke Producciones

 

Nunha bicicleta adaptada, acompañado na mesma polo seu adestrador, Javier Pitillas, Fernández fixo realidade o seu soño de peregrinar a Compostela, sentindo as dores dos músculos, loitando contra o sono que na localidade coruñesa de Arzúa, na etapa final, fixo cuestionar se chegaría a completa-la aventura. Finalmente, puido e triunfante entrou na Praza do Obradoiro percibindo o ritmo do silbato que sopraba e que non era capaz de oir. Remataba alí a súa fazaña e terminaba alí o traballo tamén de gravación do documental “El camino de los sentidos”, do director Víctor Bello de Beloke Producciones.

Foran seis meses de traballo dun equipo de sete persoas que percorreu tamén o Camiño durante 14 días para dar conta da superación de Gerardo. O esforzo de todos poderá verse na pantalla grande mañá venres, día 8 de xaneiro, a partir das 21.00 horas no Auditorio do Centro Social Caixanova de Vigo (ubicado na rúa Policarpo Sanz, 24-26).

Tras esta fazaña, sen embargo, Gerardo Fernández continúa a adestrar. Tras varias xornadas de chuvia, o Día de Reis saía acompañado do seu adestrador para dar unhas voltas na zona de Balaídos, en Vigo. “Gústame competir e gañar”, explica a través da súa fala, difícil de entender por momentos. Polo azar da vida, Fernández comezou a quedar xordo e cego ós cinco anos, aínda así é capaz de falar. “Como escoitou un pouco, aprendeu a modular”, explica Pitillas.

 

Os vigueses Gerardo (primeiro plano) e Javier (segundo plano) durante un adestramento en Balaídos. Foto: Carlos Pereira

 

Adestrador e competidor coñecéronse hai quince anos cando Pitillas xunto cun amigo adestraba a nenos da ONCE na actividade de atletismo. Pasado este tempo, os dous forman un tándem perfecto de apoio e amizade. O adestrador, ademais, fai de intérprete traducindo as verbas do ciclista cando non se entenden na súa totalidade e retransmitíndolle a el, mediante toques nas palmas das mans e no tronco, as preguntas e comentarios que dende o exterior lle pousamos.

Trala aventura dende Roncesvalles, Gerardo imaxina xa unha fazaña maior: realiza-lo Camiño dende París. “Cando chegou a Santiago -explica o seu adestrador- xa estaba a pensar en face-la próxima”. De momento, quédanlle as lembranzas da viaxe que realizou entre agosto e setembro pasados e pola que recibiu unha copa. Nela, na lenda da placa lese: “Ó campeón do Camiño”.

“A chegada á Catedral foi moi emocionante. Regalámoslle unha copa e Gerardo sentiuse moi orgulloso. El dicía que quería chegar e gañar algo. E chegar foi un estoupido de alegría; foi moi emocionante. Había máis de 200 persoas agardándoo entre a súa familia, amigos e xente da Asociación de Xordos. Eu como director -explica Víctor Bello- non podía gravar. Foi incrible”.

O esforzo de superación de Gerardo, a axuda altruísta de Javier Pitillas -policía local en Vigo e voluntario- e o apoio da familia e dos amigos fixo posible este soño xunto á bicicleta empregada, esta última clave para supera-los problemas de equilibrio de Gerardo e a súa discapacidade visual. “O problema máis grande era atopar un vehículo en que facelo. El nin ve nin oe polo que é imposible ir nun tándem normal”, explica Pitillas que atopou en internet o vehículo perfecto para a misión. “Encontrámo-la bicicleta a través da Rede, en Holanda”, por un prezo de 4.500 euros, dos que 1.500 foron subvencionados pola tenda de bicicletas ANCA.

A misión cumplida afondou o sorriso sempiterno na facina de Gerardo. “El sempre está feliz e alegre, cun sonriso impecable. Cando te coñece -explica Bello- as súas palabras son ‘quérote moito’. Son grandes persoas. Aprendes moito máis delas ca do resto da xente”.

 

O equipo con Gerardo, no Camiño. Foto: Beloke Producciones

 

Texto: Mar Pérez

Fotos: Carlos Pereira, Beloke Producciones

6 respostas a O camiño dos sentidos, de Roncesvalles a Compostela

  1. Me encanta que se transmita, de una manera tan increíble, historias como ésta de superación personal.

    A veces pienso que hay gente increíble en el mundo y que nos la estamos perdiendo, pero gracias a narraciones como ésta tenemos la oportunidad de descubrirla.

    Gracias

  2. Hola Mar.
    Muchas gracias por esta crónica tan bonita y por poner un medio para difundir el coraje y las ganas de Gerardo por salir adelante a pesar de sus dificultades. Una sóla cuestión que me gustaría corregir para ser justos con los que lo merecen. Dices que el triciclo-tándem fue sub-vencionado con 1500 euros por una asociación pero la realidad es que fue ANCA, la tienda de bicicletas, la que lo importó para nosotros y luego nos lo vendió a precio de coste regalándanos esos 1500 euros que les correspondían a ellos como ganancia. El resto del dinero lo puso una buena samaritana que quiere seguir anónima.
    Un saludo.
    Javier.

  3. Pingback: Da terra do café á do botafumeiro « Sen barreiras

  4. Pingback: De la tierra del café, a la del botafumeiro « sin barreras

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s