“O ano pasado, por primeira vez en Palestina, logramos que dúas estudantes xordas que acudían ós nosos centros especiais, lograsen chegar á universidade. Para elas, é un gran logro persoal pero tamén serven de exemplo e folgos ó resto de nenos que intentarán ser como elas”. Suher Albadarneh, directora do Departamento de Desenvolvemento e Capacidade e Rehabilitación da Media Lúa Vermella Palestina, non agacha o seu orgullo ó resaltar este hito.
Na sé central da Media Lúa Vermella (Palestinian Red Crescent Society, na súa denominación en inglés) en Ramalah, Albadarneh lembra ámbalas dúas rapazas pertencen ó grupo de milleiros de nenos palestinos xordos que tanto en Gaza como Cisxordania recibiron atención desta ONG.
Só na actualidade, esta organización nos seus centros de atención diaria en Palestina,dá servizo a 381 nenos xordos con idades comprendidas entre os 3 e os 20 anos de idade, dende a hasta que Educación Infantil ata rematar Secundaria.
“Nas guarderías sen atención especial, non poden ser escolarizados, xa que precisan dunha educación especial para aprender a pronunciar, ler… Nós ensinámoslles a fala4″, detalla a responsable do departamento de Rehabilitación da Media Lúa Vermella.
Naa guardería de Ramalah, un xoves de mañá -previo ó día de descanso do vernes, que representa para os palestinos o desexado domingo dos españois- vese o esforzo das mestras e dos pequenos por aprender nunhas aulas cheas de cor e actividade. Cartas, xogos, exercicios coa man e a boca para aprender a emitir sons guiándose polo golpe da voz, supoñen os primeiros pasos destes nenos xordos para facerse entender no mundo.
Para un mellor desenvolvemento, dende moi noviños, a ONG ofrece clases reducidas na guardería (no caso da sé da organización en Ramalah non superan os seis alumnos) así como atención individualizada de xeito que pouco a pouco aprendan a modula-la voz dentro das súas posibilidades, le-los beizos e aprende-la linguaxe dos signos, sen esquecer -por suposto- “a integración social”, engade Suheir Albadarneh.
Texto: Mar Mato Fotos: Pelu Vidal
[POR MOTIVOS LOXÍSTICOS, o proxecto de Sen Barreiras de Agareso coa Asamblea de Cooperación pola Paz (ACPP) en Israel e Palestina ofrecerase a partir de hoxe exclusivamente no link http://sinbarrerasagareso.wordpress.com exclusivamente en castelán. Para segui-lo proxecto, preman neste vínculo a Sin Barreras]






